Branca Villares visita a nosa biblioteca
O martes día 25 de marzo o alumnado de 1º ciclo gozou moito coa visita de Branca Villares, cantareira, pandeireteira e música de tradición oral.
Foi unha actividade de autocoñecemento sonoro. Co noso propio corpo fixemos moitas cousas, efectos sonoros, xogamos coa música, bailamos en parellas, en roda…e todo combinado con fermosas cantigas. Unha actividade vivencial e lúdica, experimental e divertida que nos permitiu traballar xuntas, tomar conciencia dos nosos corpos e do dos demais e tamén do espazo.
Foi unha xornada de convivencia. A través da temática dunha cantiga afondamos no sentimento de axuda mutua e con ela coñecemos un instrumento de vento indio, o shruti.
Branca tamén nos dixo que cantemos as cancións que ela nos transmitiu, que agora son nosas!
Moitas grazas, Branca!
Gustounos moito estar contigo, esperamos verte noutra.

Comentarios
Publicar un comentario