25.2.25
24.2.25
Festexamos a Rosalía
Hoxe, co motivo do aniversario de Rosalía de Castro o alumnado realizou diferentes actividades:
- Os nenos e nenas de 5° Educación infantil traballaron algún poema e coloreárona vestida co traxe tradicional galego.
- En 6° de infantil o alumnado fixo homenaxe a Rosalía de Castro elaborando unha bandeirola co billete de Rosalía. Aproveitando que estamos a traballar a volta o mundo e neste caso as moedas e billetes.
- O alumnado de 4ºB rendeulle unha pequena homenaxe á nosa meirande icona da lingua e cultura galegas. Cunha ofrenda de flores e o recitado do poema “Vamos bebendo!” recordamos a importancia de honrar aquelas figuras grazas ás que mantémola nosa identidade e, á súa vez, de gozar do día a día mentres nos esforzamos en ser mellores.
- Sabendo que Rosalía de Castro foi unha das grandes poetisas galegas que rendeu tributo á rosa, ao carballo, ás silveiras, etc., e tendo en conta o feito de que recentemente o alumnado de 3°A elaborou un herbario na área de Ciencias Naturais; aproveitamos para afondar tanto no coñecemento da vida de Rosalía coma no mundo das plantas coa axuda do fermoso libro "O herbario de Rosalía".
- O alumnado de 2°, 6° A e 5ºC realizaron murais na súa homenaxe.
- O alumnado de 5º C cantou nos grupos de 5 anos A e B, 2⁰A, 4⁰B e 5⁰A e B.
Parabéns, benquerida Rosalía!!!
O CENTRAD agasállanos coa súa exposición itinerante de traxes tradicionais.
Esta semana tivemos a fortuna de recibir, por parte do CENTRAD, varios traxes tradicionais galegos, de adulto e neno e de traballo e festa que estarán expostos tanto na nosa lareira como na primeira planta do centro e dos que poderemos desfrutar todo este mes.
Ademais cos traxes, recibimos guías didácticas e de traballo para que o noso alumnado poida coñecer máis acerca dos nosos traxes tradicionais.
23.2.25
Aprendemos coas familias acerca dos instrumentos de vento
O venres día 21 de febreiro, o alumnado de E. Infantil gozou e participou da visita de Pablo Gómez, avó de Noa Gómez de 4º de Infantil B.
Pablo presentounos diferentes instrumentos de vento: frauta travesa, punteiro, ocarina, frautín antigo de buxo, unha abelá, un tubo e a gaita. Vimos as distintas partes, participamos na súa montaxe e escoitamos o seu son.
Ensinounos recitados musicados e batemos palmas para acompañalo. Tamén trouxo a súa guitarra e cantounos varias cancións.
Ademais foise vestindo co traxe tradicional e fomos vendo as distintas pezas.
Pasámolo moi ben!
Moitas grazas, Pablo! Ata outra.

20.2.25
Segunda entrega do club de lectura de adultos
19.2.25
Maternando a lingua: familias
O pasado martes 18 de febreiro tivemos o pracer de recibir no centro a primeira avoa que colabora connosco nas actividades programadas para o Entroido e o 8M no marco do Proxecto Documental Integrado “RE-TRANS-MISIÓN: Aturuxos que resoan”. A cerna deste proxecto é dar voz á tradición feminina onde as nosas devanceiras acheguen costumes, formas de vida e a lingua nai ao alumnado, especialmente neste ano onde as Letras Galegas homenaxean ás cantareiras e a poesía popular oral.
Arredor da nosa lareira demos inicio aos “Contos arredor do lar”, onde María Laura Virginia Brigos Cuñarro, avoa chantadina dunha alumna e alumno do centro, veu expoñernos como era antano e como é agora o oficio de costureira e modista. De familia de xastres cunha longa tradición, achegounos tanto obxectos como o método da confección, non se aportarnos diversos e interesantes datos sobre a vida cotiá na Galicia rural de fai aproximadamente 60 anos. O alumnado de 4º e 6º gozamos das súas ensinanzas, máis aínda cando no Entroido tradicional do centro iremos representando ao gremio citado. Moitas grazas, Laura, pola túa disposición e clase maxistral!

15.2.25
Obradoiro de artesanía co artesán Luis Castro
Onte, día 14 de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria recibiu unha agradable e moi interesante visita.
Luis Castro, artesán da cadeira da aldea de Tórdea- Castroverde, segue o oficio que comezou o seu avó e o seu pai, elaborar asentos de xeito moi tradicional.
Luis contounos moitas cousas, ademais vimos diferentes tipos de cadeiras: de comedor, de colexio, reclinatorios, de costura…e tamén nos deu unha clase práctica de como facer un asento trenzando xunga(xunca)
Moitas grazas a Luis polas súas ensinanzas e a súa paciencia. Ata outra!

14.2.25
11.2.25
Formámonos en igualdade
Hoxe martes día 11 de febreiro rematou o programa socioeducativo do Concello de Lugo en materia de Igualdade. Este incluíu 3 formacións en aula para o alumnado de 5º e 6º. Un encontro aberto para familias e profesorado e finalizou coa colocación de dous puntos violeta para informar ao alumnado do seu funcionamento.

10.2.25
Tempos de Candeloria e de Entroido
O 2 de febreiro, no medio do inverno, descubrimos a Candeloria. É esta unha tradición moi relacionada co medio natural, medran os días e a natureza comeza a prepararse. As aves fanse máis presentes e máis audibles. Non deixedes de observalas e escoitalas!
Por certo, igual non sabiades que o mes de febreiro tamén recibe o nome de candeloria.
No colexio tamén estamos recordando os entroidos tradicionais traballados no curso pasado. Ao mesmo tempo ímonos preparando para recibir o Entroido deste curso.
E é cousa do Menéndez,
o que ocorra desta vez!
O Entroido vai ser moito,
na festa do vinte e oito.

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ
O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...
-
Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)",...

.jpeg)




