27.2.17
#mobilizaRosalía2017
Parabéns!
O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético "Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María,nas categorías 1 e 2. A fase final tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.
Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con “ Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosado nas súas execucións.
E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.
Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!
24.2.17
20.2.17
Vai de cine...
Hoxe visítanos no noso colexio Antonio Pereira Saqués, director de arte de películas, series de TV e spots publicitarios. É tamén deseñador de decorados e escenografías. Polo seu traballo recibiu varios premios, entre eles o Premio Mestre Mateo 2016 á mellor Dirección de Arte.
18.2.17
MONET
Os nenos e nenas de 5 anos traballamos o pintor impresionista Monet, pintamos cadros con distintas técnicas, aprendemos cousas da súa vida e a mamá de Iago leunos un conto sobre o pintor. Pasámolo fenomenal !!!!
10.2.17
Día da Paz 2017
O tema deste ano para o día da paz foi: " dá o que poidas, colle o que precises". Cada un dos integrantes da comunidades educativa fomos poñendo o noso mellor desexo e recollendo a palabra de ánimo que necesitabamos.
6.2.17
FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos.
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!
1.2.17
Día da paz e da non violencia
Este ano no proxecto da biblioteca está adicado aos impresionistas, e nos fixemos una versión do cadro de Matisse, Polinesia.
Os alumnos e alumnas de primeiro A tamen fixeron a súa versión do cadro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ
O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...
-
Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)",...







