20.12.17

OUTONO NA BIBLIOTECA

Este ano os nenos e nenas de terceiro A e B fixeron seres inventados con follas. Foi un traballo moi bo e orixinal.







27.11.17

Obradoiro de Sabela Díaz

Sabela Díaz foi que conduciu este obradoiro dirixido ao alumnado de 4º A e 4ºB durante catro xornadas formativas. Ao tempo foi introducindo algúns elementeso básicos do cómic (viñeta, globos, liñas, expresións, planos,...).
Os nenos e nenas foron creando unha historieta de temática medio ambiental.
Toda unha gozada!


!





























25.11.17

Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

Un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañados de Anxo, o seu titor, trouxo ao escenario do centro "Historias verdadeiras",  unha recreación de escenas machistas a modo de pinceladas reais. Moitas grazas.
Violencia de xénero




10.11.17

Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés

O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha xornada formativa con Estefanía Padullés, bióloga, escritora e ilustradora de contos. Este obradoiro de ilustración e aplicación no mundo editorial permitiunos coñecer o proceso de elaboración dos libros. Para rematar deleitounos coa elaboración de debuxos, demostrando a súa mestría nesta arte. 























RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...