30.4.25

Primeira reunión do club de lectura de narrativa en galego

 Hoxe participamos na primeira xuntanza do club de lectura de narrativa en galego coa lectura do libro Asasinato da profesora de xeografía de Pere Tobaruela.

Un misterioso asasinato, o preludio dunha investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a un estraño caso no que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguen e o que parece.

Na xuntanza o alumnado deu a súa opinión sobre o libro, sobre o desenvolvemento da trama e sobre as lendas, a toponimia e a figura do diaño. Algúns dos alumnos mostraron interese por investigar o significado da toponimia. Non sería mala idea para un proxecto.


29.4.25

Damos comezo a primavera tradicional co Día dos enganos

O 20  de marzo chegou a primavera, o inicio de ciclo que agardamos cada ano. Todo reverdece e agroma.

No colexio comezámola coñecendo o Día dos enganosunha tradición que ten lugar o día 1 de abril. Consiste en dar noticias falsas para enviar ás persoas onde non deben ir e outro tipo de brincadeiras.

Chegamos aos maios, a festa da primavera. Unha festa popular de orixes ancestrais que imos celebrar na primeira semana de maio. Ao mesmo tempo empezamos xa os preparativos para celebrar o Día das Letras Galegas de 2025, data especial na que se honra á poesía popular oral, que de maneira simbólica e representativa se personifica nun grupo de mulleres cantareiras e pandeireteiras.

28.4.25

Celebramos a reunión do noso club de manga

 Hoxe reuniuse o club de manga para falar do libro El Dulce hogar de Chi  de Konami Kanata que conta como unha familia atopa a unha adorable gatiña e decide recollela. O libro recolle as súas aventuras e a súa convivencia familiar, chea de momentos moi divertidos como o seu primeiro encontro cun coche, o emprego do areeiro, a visita ao veterinario.

Para facelo máis motivador acompañamos a xuntanza de productos típicos de Xapón.

Foi unha xornada moi divertida onde o alumnado compartiu as súas opinións sobre este delicioso libro e serviu tamén para falar da responsabilidade que supón ter unha mascota.


25.4.25

Festexamos o Día do Libro con maxia

 O alumnado de infantil para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) asistiu na biblioteca do centro a un espectáculo de maxia de David Méndez. Combinando ilusión, creatividade e comedia e interactuando de forma moi positiva cos escolares onde a participación do público está presente en todo momento. Usando elementos cotiáns e tradicionais como un ovo, unha corda, unha mesa, uns aros,...

Grazas David por este día de ilusión e maxia!!!

 

Unha mañá de cine en galego

O martes, día 23 de abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria foi a Codex Cinema ver "Valentina", un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro.

Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións, anímaa sempre a persistir, a non perder a ilusión nin as ganas de aprender.

Ao remate da sesión houbo un pequeno coloquio. Falouse de síndrome de Down, de valores, de lingua e cultura galegas, dos distintos escenarios galegos que aparecen, de música, de patrimonio…

Isabel e Eloi ensináronnos o estudo de gravación onde nos agardaban os técnicos de son. Para rematar atrevémonos a cantar e a gravar dúas cancións.

Pasámolo de cine! Moitas grazas.

 


24.4.25

Maternando a lingua: os avos contan a súa infancia

O pasado martes 22 de abril, a avoa de Xoel González de 1⁰ curso, veu ao colexio a contarlles aos compañeiros e compañeiras como era a súa vida cando tiña a súa idade. Faloulles dos xogos na rúa, como axudaba na casa e os costumes da súa época. Explicoulles que no seu tempo non había computadoras nin teléfonos, pero que a familia e os amigos eran moi importantes. Os nenos e nenas de 1⁰ puideron aprender como vivían as persoas no pasado e todos quedamos encantados coas historias da súa avoa.

GRAZAS AVOA DE XOEL!!!

23.4.25

Reunión do club de lectura de teatro

 Hoxe celebramos a primeira reunión do club de lectura de teatro coa lectura de Wonbo Combo de Paula Carballeira que conta a historia de Sara unha nena que odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo ``Wombo Combo``. Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos...

Foi unha sesión moi interesante, na que o alumnado foi intercambiando ideas sobre o que pensaban do libro e da vida de Sara. Falamos de videoxogos, de bulling, da soidade, das relacións e culminamos co reto de representar esta obra no colexio.




4.4.25

Break out sobre Castelao na biblioteca municipal

Esta semana o noso alumnado de sexto de Primaria acudiu á biblioteca municipal para realizar un breakout sobre a vida de Castelao, na conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento.

Foi unha actividade moi dinámica na que o noso alumnado tivo que andar na procura de pistas sobre feitos da vida e obras de Castelao e para o que contou coa inestimable axuda do persoal da biblioteca.

Traballo en equipo, colaboración e creatividade para achegarnos á figura de Castelao.

Moitas grazas á Biblioteca Municipal de Lugo por convidarnos a esta marabillosa actividade!






 


 


 


RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...