Unha mañá de cine en galego
O martes, día 23 de abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria foi a Codex Cinema ver "Valentina", un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro.
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións, anímaa sempre a persistir, a non perder a ilusión nin as ganas de aprender.
Ao remate da sesión houbo un pequeno coloquio. Falouse de síndrome de Down, de valores, de lingua e cultura galegas, dos distintos escenarios galegos que aparecen, de música, de patrimonio…
Isabel e Eloi ensináronnos o estudo de gravación onde nos agardaban os técnicos de son. Para rematar atrevémonos a cantar e a gravar dúas cancións.
Pasámolo de cine! Moitas grazas.

Comentarios
Publicar un comentario