Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2021 (Siradella Films).
Novo libro sobre o entroido de Ramón Veiga e David Sierra, 'Non pare a festa', editado por Xerais. O libro, enfocado ao público infantil, é unha continuación de 'É tempo de entroido' (Xerais, 2018), onde a música a puxera Isabel Fdez. Reviriego (Aries). Desta volta, Os Amigos dos Músicos son os encargados de facer cantar a pequenas e pequenos mentres van descubrindo os debuxos de David Sierra.
A canción é un percorrido polos diferentes personaxes e lugares do entroido galego. A letra de Ramón Veiga vai presentando unha comitiva na que o boteiro, a madama ou o chocalleiro se xuntan co boi, a gárgola ou a marela para festexar o final do inverno e o comezo da primavera. Unha viaxe polo entroiro de Riós, Boborás, Viana, Celanova, Esgos, A Veiga ou Buxán na que as crianzas se poderán mergullar no universo do carnaval galego, nun ano que fará moi difícil que se poida celebrar nas condicións habituais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario