23.12.24

Acompañamentos lectores polo Nadal

 As nosas voluntarias da biblioteca prepararon lecturas e actividades arredor das lecturas seleccionadas e acudiron as aulas de infantil para compartir momentos de lectura co alumnado máis novo do noso centro.

Maiores e pequenos desfrutaron moito desta actividade que, de seguro, seguirá a realizarse  nos seguintes trimestres.



20.12.24

Tradinadal

         

     

Chegou o inverno e con el o Nadal. Este curso no colexio optamos pola tradición e a sostibilidade.

Todo o centro se foi preparando para investigar, cantar, contar, coñecer vocabulario e fraseoloxía, comidas tradicionais de Nadal, decorar con materiais de orixe natural e reciclado e tamén para profundar nalgunhas tradicións de noso: Tizón de Nadal, Apalpador, árbore de Nadal, trubincos, cantos de Nadal.

Gozamos creando, contando e cantando. Resultou un Nadal colaborativo, emocionante, compartido e divertido.

Queremos transmitir o noso agradecemento a toda a comunidade escolar, así como os mellores desexos para estas festas e para o novo ano 2025 que xa amosa a súa patiña.

 

Para as nosas avoas esta canción da Gramola Gominola.

 

 

 

 

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...