13.12.24

Contos pola DINA

Hoxe 13 de decembro 4ºA e 4ºB compartiron un momento máxico. Os nosos alumnos e alumnas son moi xenerosos/as e fixeron unha doazón ao sector de artistas e profesionais da narración oral da cultura valenciana como achega nestes momentos pesarosos logo do acontecido por mor da DINA. 

A cambio, a marabillosa narradora Silva Cuentacuentos agasallounos coa súa capacidade para improvisar unha fermosa historia nacida dun cadro do gran pintor impresionista Claude Monet,  “La Charrette” (1867), que se atopa no Museo de Orsay en París. É incrible como a creatividade e a palabra poden construír un mundo mellor no que a solidariedade e xenerosidade son a base para facer cidadáns e cidadás comprometidos/as. Grazas, Silva e familias.

 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...