Tradinadal
Chegou o inverno e con el o Nadal. Este curso no colexio optamos pola tradición e a sostibilidade.
Todo o centro se foi preparando para investigar, cantar, contar, coñecer vocabulario e fraseoloxía, comidas tradicionais de Nadal, decorar con materiais de orixe natural e reciclado e tamén para profundar nalgunhas tradicións de noso: Tizón de Nadal, Apalpador, árbore de Nadal, trubincos, cantos de Nadal.
Gozamos creando, contando e cantando. Resultou un Nadal colaborativo, emocionante, compartido e divertido.
Queremos transmitir o noso agradecemento a toda a comunidade escolar, así como os mellores desexos para estas festas e para o novo ano 2025 que xa amosa a súa patiña.
Para as nosas avoas esta canción da Gramola Gominola.

Comentarios
Publicar un comentario