21.12.21
9.12.21
AS ABELLAS NO CAMIÑO
O ecosistema do Camiño de Santiago depende da polinización. Os nenos e nenas de 4 anos traballamos o proxecto "AS ABELLAS"
As familias das alumnas e alumnos de 4 anos fixeron unhas fermosas manualidades sobre as abellas. Grazas pola colaboración
7.12.21
3 de decembro, Día internacional das persoas con incapacidade
Un día para todos: #OMenéndezBaixoOMesmoParaugas
A discapacidade forma parte da condición humana, xa que todo o mundo nalgún momento da nosa vida pode experimentar unha incapacidade temporal ou permanente, a sociedade ten que estar preparada para iso.
O
centro uniuse á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" facendo unha foto
cun paraugas, ademais doutras actividades, e así reivindicar unha
sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas. Xuntas e
xuntos quitamos barreiras! Sexamos responsábeis. #baixoOmesmoparaugas
29.11.21
25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Camiñando xunt@s
Pegadas cheas de mensaxes percorren os corredores do noso cole para amosar o noso reixetamento ás violencias contra as mulleres.
25.11.21
20.11.21
28.10.21
19.10.21
15.10.21
13.10.21
8.10.21
4.10.21
1.10.21
21.6.21
15.6.21
FIN DE CURSO 20 - 21
Deixamos atrás un curso cheo de incertezas e dúbidas... pero aprendemos a camiñar e camiñamos. Respiramos profundamente, collamos novas forzas e novas inspiracións.
"Ler libros é para valentes" Anímate!!!
Temos que ler neste verán!!! Despois, CÓNTANOS...
10.6.21
19.5.21
"A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" en 3ºB
"A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" é o título do conto co que Xela gañou o concurso de Contos Infantís O Facho. Tiña 11 anos daquela, uns poucos menos ca nós! Con este traballo queremos lembrar o poder da imaxinación e comezar o noso camiño literario.
A nós tamén nos gusta moito escribir, utilizar a creatividade para aprender e construír un mundo de saberes máxico e á vez útil.
Gustounos moito o teu conto, Xela! A túa capacidade creativa pareceunos fascinante.
LETRAS GALEGAS 2021- EDUCACIÓN INFANTIL
O pasado venres, as alumnas e os alumnos de Educación Infantil celebramos o Día das Letras Galegas, que como xa sabedes este ano está dedicado a Xela Arias, autora do conto A fraga dos paxaros faladores e tradutora ao galego de moitos libros como As bruxas de Roald Dahl.
Esta é unha mostra das nosas actividades.
7.5.21
4.5.21
Reto 4, VACINAS - SUPERADO
As alumnas e alumnos de 6º preséntannos as súas vacinas... Moitas grazas, rapazas e rapaces!!!
Vacina de Alicia Arias
Vacina de Paula Arias
Vacina de Sara Vila
Vacina Daniel Fernández
28.4.21
Día do Libro 2021 - LIBROS AO AR
Para celebrar o día do libro, traballamos baixo o lema "Libros ao ar". A actividade consistiu en saír e ler fóra das aulas: lecturas, libros, contos, contar, escoitar,... ... Ademais de moitas outras actividades feitas polos rapaces e rapazas.
26.4.21
RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ
O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...































