31.1.25

Conmemoramos o Día Escolar da non violencia e a paz

O xoves, 30 de xaneiro, con motivo do día Escolar da Non-Violencia e a Paz, realizáronse diversas actividades no noso centro. Para traballar a educación para a paz e mellorar a convivencia positiva, debemos partir dunha visión integradora e inclusiva que aposte por unha cultura da non violencia baseada na tolerancia, o respecto mutuo e o diálogo, ferramentas fundamentais para a resolución de conflitos.

Ensinar a convivir debe ser unha prioridade para toda a comunidade educativa e da sociedade. Lembrar que a convivencia apréndese e imítase. 

As actividades realizadas  na etapa de Educación Infantil consistiron na realización de murais, manualidades, contacontos,...mentres que en Primaria elección e investigación dunha persoa Premio Nobel da Paz, traballo do léxico, simboloxía e resolución de conflitos,...

 

                          

 

 
   

22.1.25

Estreamos a biblio tranquila

 Xa levabamos tempo dexeando abrir este espazo e aínda que non está rematado, consideramos importante que todo o noso alumnado atope o seu lugar dentro do centro. E este é un espazo moi demandado por parte do noso alumnado que querían pasar o seu tempo de lecer de forma tranquila, ou aproveitar a conexión a rede para rematar tarefas ou  traballos. Así que, avanti!




21.1.25

As nosas cantareiras ocupan un lugar de honra no noso centro.

As compañeiras do EDLG e de Seccións Bilingües elaboraron estas xigantes pandeiretas coas cantareiras como figuras centrais que xa ocupan un lugar de honra na entrada principal do noso centro.







20.1.25

Primeira reunión do club de lectura de adultos: Flores de Ferro

 

 Hoxe desfrutamos coa visita da autora María Rei Vilas coa que conversamos sobre a súa primeira novela, Flores de ferro.

Na súa obra, Camila vive durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, ao arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.


Tivemos a oportunidade de partillar sobre as marabillosas mulleres desta obra: Aurora, Olga, Nidia... e compartir diferentes puntos de vista tanto sobre a trama como coas personaxes. 

Grazas a xenerosidade de María, coñecemos en que se inspirou, cales foron as súas motivacións, documentación.....

Foi unha tarde inesquecible. Grazas, Maria!

13.1.25

Primeira reunión do club de lectura de adultos


 

O vindeiro 20 de xaneiro terá lugar a primeira reunión do noso clube de lectura de adultos e que mellor madriña, que a escritora María Rei Vilas que partillará con nós sobre a súa primeira obra, Flores de Ferro.

A través de Camila e o seu retorno á vila da súa nenez, descubriremos as vidas dunhas mulleres bravas e valentes nunha das etapas máis oscuras da nosa historia recente, unhas flores de ferro que precisan de visibilidade e xustiza.






3.1.25

A nosa biblio tranquila vai collendo forma

 Coa creación dun novo espazo de bibioteca tiñamos moi claro que a "biblioteca vella" seguiría sendo a nosa biblioteca tamén, xa que un centro que acolle a máis de 400 alumnos necesita dos dous espazos para que o alumnado e o profesorado saque o máximo rendemento a ambos.

Neste caso, pensamos que sería necesario contar cun espazo máis tranquilo onde aquel alumnado ao que lle molesta o ruido e o exceso de actividade, puidese atopar acubillo; pero tamén un lugar para investigar, para traballar, para ler, para xogar pero respectando o ambiente máis relaxado e tranquilo que este espazo nos ofrece.




RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...