6.6.12


No curso 2011 – 2012 o CEIP Menéndez Pelayo entrou dentro do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Para nós foi unha gran ledicia ser incluídos nos centros que se acollen a estas axudas, xa que nos permitiu mellorar a nosa biblioteca e dar continuidade a moitas das actividades que se viñan realizando  nos últimos dous anos.
Iniciamos este blog como unha experiencia máis, chamámoslle  A caixa dos contos do Menéndez e, de momento, a nosa intención, é que serva para amosar un pouquiño do traballo que desenvolvimos.
PRIMEIRO TRIMESTRE

O OUTONO


    Cartel : "Para ler ao compás do Outono”.
 Feito polos nenos de Infantil e Educación Primaria na Biblioteca nos períodos de lecer, consta dunha poesía adicada a outubro, diversos debuxos e adornos de dita estación. 
Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.


O día da Constitución”

Os nenos do Primeiro Ciclo fixeron a actividade de conta-contos recordando e conmemorarando a festividade do Día da Constitución. Contóuselles o conto “Los leones de las Cortes”. Os nenos despois fixeron debuxos dos leóns das Cortes.








  OS CONTOS DE MEDO

É o título do noso primeiro proxecto de Biblioteca

  • Os nenos de Primeiro traballaron os seguintes contos coas súas respectivas actividades: 
“Ahora no, Bernardo” 
“Onde viven os monstruos”. 




  • Os nenos de Cuarto leron “Bajo mi cama, una estrella” facendo despois unha portada inventado do libro. Fixeron tamén personaxes de medo. A lectura do libro fíxose na aula de música ambientada para a ocasión.


  • Os cursos de Terceiro e Cuarto fixeron un marcapáxinas monstruoso. Escribiron contos de medo, fixeron debuxos, leron contos de medo na biblioteca e na clase coa PDI.











  • No  Terceiro Ciclo  en 6º, leron "O corazón delator" de EdgarAllan Poe e "A pantasma de Canterbury" en 5º. Fixeron a lectura e o traballo na biblioteca. A busca de información fíxose na aula dos ordenadores, elaborando despois carteis e murais.
  • Make your own slideshow at Animoto.
    Nas clases de inglés representáronse varias obras teatrais
    6ºB (Escenarios 2º)


6ºA






Make your own slideshow with music at Animoto.

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...