29.10.24

Estreamos a nosa lareira cunha contada ao alumnado de Infantil

 Hoxe o alumnado de infantil estreou a nosa lareira cunha contada da profe Ana relacionada co Samaín. Desfrutaron moito da actividade e de estrear este espazo na entrada do noso centro que, de seguro, será centro de actividades durante todo o curso.







25.10.24

A nosa lareira xa esta case rematada!

 

 




Que gran traballo realizaron as nosas compañeiras Laura e Mercedes deseñando, pensando e dando vida a esta lareira, que de seguro, será un espazo ideal para partillar, escoitar, aprender e voltar a esas lareiras das nosas aldeas onde as nosas avoas nos contaban lerias e lendas.
Que importante redescubrir eses espazos co noso alumnado, xa que moitos e moitas nunca tiveron a oportunidade de desfrutar deses lugares case máxicos, de acercarse ao lume, asar as castañas, quentar as mans e de escoitar falar e cantar aos nosos maiores, ás nosas avoas, as nosas cantareiras de onte, hoxe e sempre.



22.10.24

O alumnado de 5º e 6º de EP visitan a Sala de Exposicións de Porta Miñá

 O 15 de outubro o noso alumnado do 3º Ciclo visitou a Sala de Exposicións de Porta Miñá onde puideron coñecer, máis polo miúdo, os cantares de cego, a súa función na sociedade daquela época e cales eran as temáticas máis comúns.

Ademais do que aprendemos, tivemos a sorte de poñernos na pel dun lazarillo, coñecer a zanfoña e buscar mensaxes ocultas nas diferentes coplas.

Unha gran xornada e unha gran aprendizaxe!



15.10.24

O alumnado de 5º e 6º participa no Concurso Galego de Ciberseguridade

 


O martes 15 de outubro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no Concurso Galego de Ciberseguridade. Destacar o décimo posto de 6º A e que todos os cursos quedaron entre os 50 primeiros e por riba de todo aprenderon a manexar a Internet de xeito máis seguro.

7.10.24

A nosa biblioteca vai collendo forma

 Xa casi vai un mes dende que comezaron as clases e a nosa nova biblioteca vai tomando forma. Xa temos ganas de poder enchela de estantes, fondos, mobilliario e de que o noso alumnado poida disfrutala e vivila. 

Mentres seguiremos disfrutando dos seus fondos e das diferentes actividades polos corredores e nas aulas.

Xa queda menos!





1.10.24

RE - TRANS - MISION: Aturuxos que resoan


 Damos inicio ao noso proxecto documental integrado RE - TRANS - MISION: aturuxos que resoan. Pretendemos acercar ao alumnado á nosa cultura: oficios tradicionais, celebracións, cantigas e bailes, tradición oral e cun fío condutor tan importante, como foron e como son as nosas cantareiras.

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...