6.12.13

O UNIVERSO


O UNIVERSO

Un día os nenos e nenas de 5 anos fomos á biblioteca e atopamos uns contos sobre o Universo e uns planetas. Despois de investigar cousas sobre o Universo, coa axuda do material que trouxemos da casa e do que atopamos na biblioteca, fixemos fichas, murais, aprendemos cancións …… E agora sabemos moito sobre a Terra, a Lúa, o Sistema Solar, os astronautas, as súas naves, etc.


UN DÍA NA BIBLIOTECA

 Aos nenos e nenas de 5 anos gústanos  moito ir á biblioteca, cando imos lemos  e Chus cóntanos  algún conto  divertido.


Copy of IMOS Á BIBLIOTECA

4.12.13

¡FELIZ CUMPLEANOS CONSTITUCIÓN!

Os nenos e nenas de Primeiro de Educación Primaria celebramos o día da Constitución na biblioteca fixemos uns  debuxos e contáronnos contos da Constitución dos animais. 









29.11.13

O OUTONO 2

Os alumnas e alumnos de segundo curso traballaron tamén o outono dende a biblioteca.
Leron poesías do outono e despois escribíronas e debuxáronas.


Cun pouco máis de detalle













O OUTONO

Ao cole chegou o outono, os nenos e nenas acollérono con moita ilusión, facendo carteis, exposicións dos produtos do outono, debuxos, ... 
Algúns deles fixéronse dende a biblioteca.












Os nenos de primeiro fixeron un cartel ben bonito. Presentamos o seu traballo. 




14.11.13

RECEITAS DE OUTONO

Este ano cando chegou o outono fixemos unha actividade distinta aos anos anteriores, os cursos de terceiro investigaron na súa casa, nos seus familiares,... receitas para facer con froitos do outono.
Aquí tedes o resultado.
¿Gustades?









13.11.13

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano mais poñemos en marcha AS MOCHILAS VIAXEIRAS, esperamos que  teñan tanto éxito como o ano pasado. Moitas grazas pola vosa colaboración.


3.11.13

OS BOLECHAS

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B FOMOS A BIBLIOTECA, ONDE ATOPAMOS UNHA VACA CHEA DE CONTOS DOS BOLECHAS. QUE DIVERTIDO!!!!!!!
LEVAMOS CON NÓS A MONO, A NOVA MASCOTA DA CLASE, QUE AÍNDA NON COÑECÍA A BIBLIOTECA.
AO LONGO DE VARIOS DÍAS TIVEMOS OS CONTOS DOS BOLECHAS NA CLASE E FIXEMOS TRABALLOS SOBRE ELES.
ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS A TODA A FAMILIA  BOLECHAS






OS BOLECHAS QUE PINTARON OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL








OS DEBUXOS DOS BOLECHAS

31.10.13

Queremos darvos a benvida a este novo curso e ter unha nova aventura na nosa biblioteca. Tamén darvos as grazas pola magnífica acollida e participación no curso pasado. Este curso temos moitas sorpresas e actividades para ler, escribir, debuxar, … PARA DIVERTIRNOS !!!!!!
inicio 2013-2014
CARTEL DE BENVIDA AO COLEXIO



18.10.13

FACENDO MARCAPÁXINAS

Os nenos e nenas de Primeriro fixemos uns marcapáxinas para os libros da biblioteca que levamos para ler na casa,
É ben bonito!



26.6.13

FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS CELEBRAMOS O FINAL DE CURSO CON CANCIÓNS, BAILES E TEATRO. FELICES VACACIÓNS !!!!!!




ENTRE A MURALLA E OS CASTROS

Os nenos e nenas de 4 anos fomos á biblioteca para ver a exposición de vestidos e libros sobre os romanos e os castrexos, despois fixemos un casco romano. Tamén co que aprendemos fixemos un castro de area e outro nun mural


Vimos os traballos feitos polos nosos compañeiros e compañeiras de todo o colexio e fixemos a muralla de Lugo cos nosos amigos e amigas dos outros cursos de Educación Infantil .
Xogamos aos bolos que trouxo Irea como xogaban os castrexos fai moitos anos.



17.6.13

Fin de curso dos nenos e nenas de 5 anos

5 ANOS A


Try our slideshow maker at Animoto.

"O Señor don Gato" ( representación dunha das cancións do Cego dos Vilares)

 " O doutor" 

" O baile da Carrasquiña"






5 ANOS B

"Salvemos el planeta"
"El bosque de las chinas"




 

 ENGLISH

 

11.6.13

A OUTRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA

O alumnado de 5º A fixeron a representación de "A OUTRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA" para todo o colexio. Foi moi divertido !!!!


8.6.13

MOCHILA VIAXEIRA

Despois de todo o ano gozando da MOCHILA VIAXEIRA  fixemos a súa entrega na biblioteca,   e a nosa mestra contounos o conto A QUE SABE A LÚA .
A QUE SABE A LÚA on PhotoPeach

7.6.13

COHORS

As cohors romanas viñeron a visitarnos ao colexio e faláronnos das súas actividades,  despois desfilamos con eles polo Centro.

28.5.13

ROMAN MOSAIC

Na sección bilingüe ARTS AND CRAFTS fixemos unha reproducción do mosaico romano que representa ó deus Neptuno e que podemos ver no museo "A casa dos mosaicos".Neste proxecto participaron alumn@s de distintos niveis, grazas a tod@s pois foi un traballo moi duro.

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...