No Menéndez conmemoramos o Tradinadal
O venres día 13, todo o alumnado de E. Infantil gozou da visita de Azucena Pérez, nai de Antía de 3 anos B. Azucena ofreceunos e deleiteunos cunha sesión de cantos de Nadal e outros tradicionais.
Con pandeireta e cunchas cantou dúas nadaliñas: “Vinde ver o neno” de Fuxan os Ventos e “A run run”. Ademais tocou coa gaita a muiñeira de Chantada e a de Lugo, así como O Himno Galego. Puidemos ver tamén as pezas de roupa do traxe tradicional galego feminino.
Nós acompañámola bailando as muiñeiras e gozando coa súa música. Pasámolo xenial!
Moitas grazas, Azucena! Agardámoste noutra.



Comentarios
Publicar un comentario