Marzo, a prensa no colexio
Imos facer xornalismo, pero xornalismo de investigación: investigar na "nosa lingua"
Preguntaremos a nosos avós e avoas, bisavoas e bisavós, veciñanza, tías e tíos,... ... aquelas palabras ou expresións da nosa lingua que agora non usamos.
Buscaremos o significado, faremos un debuxo, foto, gravación... (se é un utensilio, "cahivache",...)
Despois con todas esas palabras faremos un dicionario virtual das nosas palabras perdidas.
Animádesvos?

Comentarios
Publicar un comentario