Reunión do club de lectura de teatro

 Hoxe celebramos a primeira reunión do club de lectura de teatro coa lectura de Wonbo Combo de Paula Carballeira que conta a historia de Sara unha nena que odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo ``Wombo Combo``. Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos...

Foi unha sesión moi interesante, na que o alumnado foi intercambiando ideas sobre o que pensaban do libro e da vida de Sara. Falamos de videoxogos, de bulling, da soidade, das relacións e culminamos co reto de representar esta obra no colexio.




Comentarios

Publicacións populares