FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos.
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!

Comentarios
Publicar un comentario