Obradoiro de artesanía co artesán Luis Castro

Onte, día 14 de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria recibiu unha agradable e moi interesante visita.

Luis Castro, artesán da cadeira da aldea de Tórdea- Castroverde, segue o oficio que comezou o seu avó e o seu pai, elaborar asentos de xeito moi tradicional.

Luis contounos moitas cousas, ademais vimos diferentes tipos de cadeiras: de comedor, de colexio, reclinatorios, de costura…e tamén nos deu unha clase práctica de como facer un asento trenzando xunga(xunca)

Moitas grazas a Luis polas súas ensinanzas e a súa paciencia. Ata outra!

Comentarios

Publicacións populares