10.2.25

Tempos de Candeloria e de Entroido

 O 2 de febreiro, no medio do inverno, descubrimos a Candeloria. É esta unha tradición moi relacionada co medio natural, medran os días e a natureza comeza a prepararse. As aves fanse máis presentes e máis audibles. Non deixedes de observalas e escoitalas!

Por certo, igual non sabiades que o mes de febreiro tamén recibe o nome de candeloria.

No colexio tamén estamos recordando os entroidos tradicionais traballados no curso pasado. Ao mesmo tempo ímonos preparando para recibir o Entroido deste curso.

E é cousa do Menéndez,

o que ocorra desta vez!

O Entroido vai ser moito,

na festa do vinte e oito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...