Maternando a lingua: familias
O pasado martes 18 de febreiro tivemos o pracer de recibir no centro a primeira avoa que colabora connosco nas actividades programadas para o Entroido e o 8M no marco do Proxecto Documental Integrado “RE-TRANS-MISIÓN: Aturuxos que resoan”. A cerna deste proxecto é dar voz á tradición feminina onde as nosas devanceiras acheguen costumes, formas de vida e a lingua nai ao alumnado, especialmente neste ano onde as Letras Galegas homenaxean ás cantareiras e a poesía popular oral.
Arredor da nosa lareira demos inicio aos “Contos arredor do lar”, onde María Laura Virginia Brigos Cuñarro, avoa chantadina dunha alumna e alumno do centro, veu expoñernos como era antano e como é agora o oficio de costureira e modista. De familia de xastres cunha longa tradición, achegounos tanto obxectos como o método da confección, non se aportarnos diversos e interesantes datos sobre a vida cotiá na Galicia rural de fai aproximadamente 60 anos. O alumnado de 4º e 6º gozamos das súas ensinanzas, máis aínda cando no Entroido tradicional do centro iremos representando ao gremio citado. Moitas grazas, Laura, pola túa disposición e clase maxistral!

Comentarios
Publicar un comentario