23.2.25

Aprendemos coas familias acerca dos instrumentos de vento

 O venres día 21 de febreiro, o alumnado de E. Infantil gozou e participou da visita de Pablo Gómez, avó de Noa Gómez de 4º de Infantil B. 

Pablo presentounos diferentes instrumentos de vento: frauta travesa, punteiro, ocarina, frautín antigo de buxo, unha abelá, un tubo e a gaita. Vimos as distintas partes, participamos na súa montaxe e escoitamos o seu son.

Ensinounos recitados musicados e batemos palmas para acompañalo. Tamén trouxo a súa guitarra e cantounos varias cancións.

Ademais foise vestindo co traxe tradicional e fomos vendo as distintas pezas.

Pasámolo moi ben!

 

Moitas grazas, Pablo! Ata outra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...