O luns, día 18, recibimos a esperada visita de Benedicta Sánchez, acompañada de Chelo. Benedicta pasou pola nosa radio para ser entrevistada polas nenas e nenos de 4º de E. Primaria no programa chamado “Benedicta no Castiñeiro”, e despois foi o alumnado de 5º quen desfrutou dela nun interesante encontro na lareira.
Despois de ler nas aulas a súa biografía na revista CORGA, no artigo “Benedicta Sánchez: A humildade en persoa” escrito pola súa biógrafa Chelo Vázquez e de ver o filme “O que arde”, dirixido por Óliver Laxe, puidemos compartir uns momentos moi gratos e especiais con ela e coñecela mellor. Descubrimos lembranzas, curiosidades, sorpresas, sorrisos, tenrura, moita querenza polo noso, moito degoiro por saber. Aventura, sensatez, nobreza, humildade, naturalidade…desprendes maxia Bene!



Ningún comentario:
Publicar un comentario