10.10.25

Visita dos bombeiros ao 1º Ciclo de Primaria

O pasado martes, 7 de outubro, recibimos no noso colexio a visita de varios efectivos do corpo de bombeiros de Lugo, que compartiron connosco unha xornada chea de aprendizaxes e emoción.

Durante a visita explicáronnos en que consiste o seu traballo e a importancia da labor que realizan cada día para garantir a seguridade das persoas. Amosáronnos o material e o equipamento que empregan nas súas intervencións e  tivemos a oportunidade de observar de preto diferentes ferramentas, coñecer un equipo de respiración autónoma, probar os seus cascos e mesmo colaborar enrolando unha mangueira e colocándoa no camión.

Tamén nos ofreceron consellos sobre a prevención de incendios, tanto no ámbito forestal como nos fogares, e responderon con moita amabilidade ás preguntas do alumnado.

Sen dúbida, o momento preferido do noso alumnado foi poder subir ao camión de bombeiros.

Grazas a esta visita aprendemos que os bombeiros e bombeiras traballan para axudarnos e protexernos, afrontando moitas veces situacións complexas que requiren preparación e coraxe.

Moitas grazas pola vosa visita e por compartir connosco unha mañá tan entretida!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...