13.10.25

Aprendemos sobre o Universo con realidade aumentada

 O pasado día 10 levamos a cabo unha actividade internivel na que participou o alumnado de 4º e 1º de Primaria.

Nesta ocasión, os nenos e nenas de 4º convertéronse en guías dos seus compañeiros e compañeiras máis pequenos.  A través de recursos de realidade aumentada, exploraron diferentes aspectos do Universo, descubrindo planetas, estrelas e outros elementos do espazo.

A actividade permitiulles  achegarse a contidos científicos dun xeito motivador e  fomentar a colaboración entre alumnado de diferentes idades.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas, na que os maiores demostraron as súas habilidades como transmisores de coñecemento e os máis pequenos disfrutaron descubrindo os segredos do Universo dunha maneira diferente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...