Comezamos coa Hora de Ler nas aulas

 

Comezan as clases e con elas a Hora de Ler nas diferentes aulas.

É unha actividade xa sistematizada na que cada aula emprega 20 minutos diarios á lectura, integradas no seu horario.



Como nos organizamos?

Cada titoría selecciona unha serie de libros divulgativos e de carácter narrativo que irá cambiando ao inicio de cada trimestre. Entre os fondos de ficción inclúense: teatro, banda deseñada, novela, poesía e formatos como álbum ilustrado.

                              

Suxerencias

  • Seleccionar lecturas relacionadas có PDI.
  • Facer escollas teatrais e dramatizalas na aula.
  • Deixar participar ao alumnado na escolla dos fondos.


Actividades
  • Lecturas  compartidas dentro da aula.
  • Lecturas compartidas internivelares.
  • Lectura única por aula.
  • Lecturas gamificadas.
  • Retos lectores.



Comentarios

Publicacións populares