2.9.24

Comeza unha nova andadura....

 Setembro sempre é tempo de inicios....

Comeza un novo curso e con el novos proxectos: nova biblioteca, novo equipo e moitas ideas na cabeza.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras, esta é a proba do inicio dun soño, un novo espazo no que non soamente o noso alumnado, tamén o resto da comunidade educativa atopen acubillo e momentos de lectura, xogo, aprendizaxe, creación: un lugar para todo e para todos.

Comezamos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA CON LOIS PÉREZ

O mércores 27 de maio , o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha ruta literaria pola vila de Ribadeo con Lois Pérez, autor da ...